«Uxío Novoneya, poeta da terra», unha exposición permanente en Parada do Courel

LEMOS

O poeta Uxío Novoneyra nunha das fotos que se mostran na exposición permanente, tomada en Madrid na década de 1960 e coloreada recentemente por Tina Paterson
O poeta Uxío Novoneyra nunha das fotos que se mostran na exposición permanente, tomada en Madrid na década de 1960 e coloreada recentemente por Tina Paterson CEDIDA

A fundación que preserva o legado do poeta mostra imaxes tomadas en diferentes épocas da súa vida

22 dic 2020 . Actualizado a las 16:38 h.

«Uxío Novoneyra, poeta da terra» é o título dunha exposición permanente que se acaba de inaugurar na sede da fundación que preserva o legado do poeta, situada na localidade de Parada, no municipio de Folgoso do Courel. A mostra -segundo a Fundación Uxío Novoneyra- «achega unha nova lectura dos poemas do libro cumio do poeta, Os eidos, nesta ocasión en diálogo coa corrente da ecopoesía, que na súa acepción actual, recolle un sentir do home coa terra compenetrado en pé de igualdade». A exposición comprende unha selección de poemas de Novoneyra relacionados coas montañas, a flora, a fauna, os labores e as festas tradicionais do Courel. Por outro lado, inclúe unha biografía do poeta na que se poden ver numerosas imaxes gardadas nos arquivos da fundación. Algunhas delas son antigas fotografías coloreadas con técnicas actuais para renovar as referencias visuais do escritor. No inverno pode visitarse os venres de 16.00 a 19.00 horas e os sábados e domingos, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00. Para visitala hai que concertar unha cita no correo info@uxionovoneyra.com.