Xoán Eiriz actuará o 11 de xullo no Círculo Saviñao

La Voz

LEMOS

Xoán Eiriz nun concerto que ofreceu na Casa de Cultura de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas, nunha imaxe de arquivo
Xoán Eiriz nun concerto que ofreceu na Casa de Cultura de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas, nunha imaxe de arquivo ALBERTO LÓPEZ

O cantante  interpretará temas do seu último disco, «Poemas de amor en outono»

26 jun 2020 . Actualizado a las 13:01 h.

O cantante coruñés Xoán Eiriz dará o 11 de xullo un concerto no Círculo Saviñao de Escairón no que actuará acompañado polo pianista Iago Mouriño. A actuación comezará ás once da noite. Eiriz interpretará temas do seu disco Poemas de amor en outono, que fai o número quince da súa discografía. As cancións están compostas sobre poemas de Toño Núñez. Previamente, o día 4 , o Círculo Saviñao acollerá un concerto do cantante Jorge Alcalá, que comezará ás 20.00 horas.