A Pobra do Brollón prepara a undécima edición do seu concurso de tapas

LEMOS

Tapas presentadas a unha edición anterior do certame gatronómico
Tapas presentadas a unha edición anterior do certame gatronómico ROI FERNÁNDEZ

O certame desenvolverase entre o próximo día 29 e o 6 de decembro

19 nov 2019 . Actualizado a las 20:08 h.

O próximo día 29 comezará a undécima edición do concurso de tapas da Pobra do Brollón, que durará ata o 6 de decembro. Nesta ocasión participarán sete establecementos de hostalería, catro deles situados na capital municipal —O Pirata, Avenida, La Vieja Taberna e 1º de Maio—, dous en Salcedo —A Cantina de Julia e A Salanova— e outro en Cereixa, O Fogón. Durante este período, os locais participantes ofrecerán ás tapas presentadas ao certame a un prezo de 1,50 euros. Os clientes poderán votar polas súas preparacións favoritas, escollendo as que levarán os tres premios establecidos nas bases. O uso dos viños da Ribeira Sacra será valorado á hora da concesión dos premios. Entre os clientes que participen na votación sortearase un agasallo consistente nun circuíto termal e unha noite para dúas persoas no hotel Oca Augas Santas de Ferreira de Pantón. A entrega de premios e do agasallo celebrarase o 5 de xaneiro na Casa da Cultura. «Trátase dunha iniciativa xa consolidada no noso concello que permite dinamizar a hostalaría guímara animando a veciños e visitantes a participar coas súas votacións», apunta a Mónica Rodríguez, concelleira de Eventos. Os responsables municipais sinalan ademais que o concurso coicindirá coa ponte de decembro e coa nova edición do certamen de cantos de taberna —o sábado 7 de decembro— polo que esperan que a participación sexa moi elevada.