Incendios de sexta xeración: o inimigo ás portas


Hai controversia no mundo científico sobre o concepto de Antropoceno, entre os que asumen como real que estamos nunha nova era xeolóxica definida polo impacto das actividades humanas e quen nega que isto sexa así. Persoalmente, estou cos primeiros. A medida que imos avanzando cara un devir cada vez máis incerto atopamos realidades empirícas e incontestables. Unha da que máis nos está afectar é o cambio climático a nivel global, con consecuencias funestas como o desxeo e aumento do nivel do mar, inundacións , ondas de calor cada vez máis fortes e duradeiras, ou incendios forestais cada vez máis voraces. Sobre estes últimos os expertos na materia si están de acordo nunha triste realidade que vén para quedar: a chegada dos temidos incendios de sexta xeración ou megaincendios. O seu disparo de saída atopámolos na secuencia producida entre o 2016 ata 2018 en Fort McMurray (Canadá) con cifras escalofriantes. Pero rapidamente saltaron o charco para deixar un arroio de destrución e morte no veciño Portugal coa traxedia sufrida en Pedrogao Grande no 2017.

Galicia, unha das comunidades onde a actividade incendiaria é máis elevada sufrimos na negra fin de semana do outubro do 2017 catro vítimas mortais, 50.000 hectáreas arrasadas, perdas de vivendas... Foi a súa a súa carta de presentación, o aviso do que nos espera.

As nefastas políticas forestais levadas a cabo pola Xunta súmanse a unha oposición que se aferra aos «lumes» cunha estratexia tremendamente errada polo seu uso como arma arreboladiza contra o poder. Non sei se pensan que cando eles cheguen ao poder serán donos da solución total, entón aínda estarían máis errados e serían máis ineptos do que parece.

Os incendios forestais necesitan unha altura de miras que parece ser que os nosos políticos dunha e outra cor non teñen. Ante tremendo drama a única solución posible é un pacto de Estado que peche filas ante os terroristas incendiarios. Eses son o verdadeiro inimigo.

A oposición acostuma a cometer un segundo erro cando invoca á «Santa Prevención». Á sociedade gustaríanos escoitar esa palabra dotada de contido real con solucións eficaces encima da mesa. Pero non. Parece que a expresión se torna nun bonito conto dos irmáns Grimm onde a compracencia e os finais felices son o obxectivo. Pero un conto é o que é: unha fermosa fantasía.

Señores e señoras políticas póñanse as pilas e deixen de ningunhear a unha sociedade exposta a un perigo real que se cobra vidas, que destrúe as nosas casas, que tingue de negro os nosos recordos e vivenzas e que, dende logo, non se arranxa con tirarse os trastes a cabeza ou esconderse detrás de termos baleiros de contido que só serven a propósitos partidistas. A sociedade non lles pide, esíxelles que pensen en nós e sexan honrados coa verdadeira filosofía da política como servizo ao pobo.

Se neste verán que se presenta moi duro con este novo inimigo ás portas saído das entrañas do inferno non están a altura teñan a decencia de ou ben calar ou o que sería máis honorable irse, porque non son dignos de ocupar os sitios que ocupan. Uns e outros.

Por Javier González Axente faculcativo ambiental

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Incendios de sexta xeración: o inimigo ás portas