-Que posibilidades de supervivencia lles ve a eses oficios?
-Eran algo propio dunha economía de autoconsumo e a xente tiña que fabricar ela mesma a maior parte das cousas que utilizaba. Moitos deses oficios foron desaparecendo ao cambiar as condicións sociais e económicas, pero hai algúns que poderían recuperarse e seguir existindo hoxe en día.