Visitas madrugadoras ao románico da Ribeira Sacra

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O Colexio de Arquitectos da Coruña organizou unha visita guiada á igrexa de Nogueira de Miño, en Chantada

17 feb 2019 . Actualizado a las 12:34 h.

A igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada, foi escenario o sábado dunha visita guiada que organizou o Colexio de Arquitectos da Coruña. Este mesmo templo figura no programa dunha xornada de visitas gratuítas que se celebrará o próximo xoves, día 21, con motivo do día internacional do guía turístico, por iniciativa da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.

O programa tamén comprende visitas guiadas ás igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi, ambas no municipio do Saviñao. Os interesados en participar nesta actividade deberán levar os seus propios automóbiles para os desprazamentos. O percorrido comezará ás 16.30 horas na primeira das mencionadas igrexas. Ao final das visitas, os participantes poderán realizar doazóns en favor da asociación chantadina Recuncho Solidario, que desenvolve actividades de axuda a persoas necesitadas e de fomento da reciclaxe, o consumo responsable e a colaboración veciñal.

consorcio de turismo da Ribeira Sacra ofrece cada ano rutas guiadas polo patrimonio románico deste territorio nas temporadas de Semana Santa e verán. Á marxe destas iniciativas, ao longo do ano hai percorridos guiados polos monumentos románicos da Ribeira Sacra a cargo de empresas privadas.