Visitas gratuítas ao románico da Ribeira Sacra para celebrar o día mundial do guía turístico

A actividade desenvolverase o día 21 nos municipios do Saviñao e Chantada


Con motivo do día internacional do guía turístico, a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia organizará o próximo xoves, día 21, unha xornada de visitas gratuítas ao patrimonio románico da Ribeira Sacra do Miño. O programa comprende visitas guiadas ás igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi -ambas no municipio do Saviñao- e Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada. Os interesados en participar nesta actividade deberán levar os seus propios automóbiles para os desprazamentos. O percorrido comezará ás 16.30 horas na primeira das mencionadas igrexas (na imaxe sobre estas liñas). Ao final das visitas, os participantes poderán realizar doazóns en favor da asociación chantadina Recuncho Solidario, que desenvolve actividades de axuda a persoas necesitadas e de fomento da reciclaxe, o consumo responsable e a colaboración veciñal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Visitas gratuítas ao románico da Ribeira Sacra para celebrar o día mundial do guía turístico