Monti Castiñeiras apadriña unha nova edición do Estase Cocendo

As xornadas gastronómicas dedícanse á memoria do falecido actor Mario Roldán


monforte / la voz

O coñecido actor de cine e televisión Monti Castiñeiras exerceu de padriño da undécima edición das xornadas gastronómicas Estase Cocendo nunha presentación celebrada no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte. No acto tomaron parte o alcalde José Tomé, a secretaria territorial da Xunta, Marta Barreiro, e a delegada no sur lucense da asociación provincial de hostalería, Beatriz Vila, quen dedicou estas xornadas á memoria do actor monfortino Mario Roldán, falecido a principios do pasado xaneiro.

Durante a presentación, Monti Castiñeiras explicou que visita asiduamente a Ribeira Sacra desde hai uns cinco anos e que a coñece desde hai un par décadas, confesando que anteriormente non sabía case nada deste o territorio. «Creo que nos damos a coñecer pouco», comentou, comprometéndose ao mesmo tempo a «seguir facendo propaganda da Ribeira Sacra todo o que faga falta».

Na nova edición das xornadas, que se celebrarán desde hoxe ata o 10 de marzo, participan unha trintena de restaurantes dos municipios de Monforte, Chantada, Quiroga, Sober, Pantón, O Saviñao, Bóveda e Portomarín, que durante as fins de semana servirán -previo encargo- menús a base cocido. Entre os clientes sortearase un porco de cen quilos cedido pola asociación Prodeme. Por outro lado, quince establecementos de Monforte, Chantada, Quiroga e Bóveda ofrecerán tapas de cocido a 1,50 euros. Ademais, catorce hoteis, pensións e casas de turismo rural ofrecerán prezos especiais durante estas xornadas. A oferta inclúe tamén «noites de troula» en seis pubs de Monforte e un de Chantada.

 

Disfrazados de mulleres

O programa da nova edición do Estase Cocendo incluirá -como en anos anteriores- unha serie de visitas guiadas gratuítas por Monforte que se desenvolverán os sábados e comprenderán degustacións de viño. Para participar hai que facer unha reserva chamando ao teléfono 636 008 092. Así mesmo, todas as fins de semana haberá rutas a cabalo, para as que é preciso apuntarse chamando ao número 630 426 038. A xornada do 2 de marzo estará dedicada ás mulleres e ao entroido. A todos os asistentes as actividades gastronómicas dese día -incluíndo aos homes pediraselles- que acudan vestidos de muller.

O penúltimo día das xornadas gastronómicas, por outro lado, celebrarase unha quedada de motocicletas que incluirá un percorrido turístico pola Ribeira Sacra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Monti Castiñeiras apadriña unha nova edición do Estase Cocendo