Nace na Pobra do Brollón a revista cultural «A Auga do Mollón»

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

O primeiro número da publicación, editada polo Concello, foi presentada na Casa de Cultura

17 ene 2019 . Actualizado a las 10:03 h.

Na Casa de Cultura da Pobra do Brollón foi presentado onte primeiro número de revista cultural A Auga do Mollón, editada polo Concello. No acto tomaron parte as escritoras Olga Novo e Noa Moreira, así como o o arqueólogo Xurxo Ayán e o músico Alexandre González, entre outras persoas que colaboran na publicación.

O principal obxectivo da nova revista, segundo os seus promotores, é axudar a difundir os valores culturais e o patrimonio do municipio, atendendo tamén a outros territorios da comarca de Lemos e da Ribeira Sacra. Entre os contidos deste primeiro número figura unha sección dedicada ás escavacións arqueolóxicas do castro de San Lourenzo de Cereixa e a primera dunha serie de colaboracións de Xurxo Ayán que levará o título xenérico de «Mulleres guímaras». Ademais dos contidos culturais, outras seccións da revista dedicaranse a analizar de forma extensa diversos aspectos da actualidade local.

Unha vella fonte

O título da publicación alude a unha fonte que existiu nas proximidades do campo da feira da capital municipal, cuxa auga era moi consumida polos que acudían a ela. Os responsables apunta que o uso desta denominación pretende ser unha homenaxe á memoria colectiva local.

En principio está previsto que a revista teña unha publicidade semestral. Na actualidade é a única publicación de carácter cultural editada por un concello do sur lucense. No municipio existiu con anterioridade outra revista que foi editada por iniciativa da desaparecida asociación Samoeiro.