O Incio acollerá unha xornada técnica sobra a crianza dos porcos celtas nos soutos

A actividade desenvolverase o 13 de novembro


monforte / la voz

No municipio do Incio celebrarase o 13 de novembro unha xornada técnica sobre a crianza do porco celta nos soutos atlánticos dirixida ás comunidades de montes veciñais, aos propietarios forestais e a traballadores, técnicos, titulados e estudantes do sector agroforestal. Unha parte das actividades terá lugar no salón de usos múltiples da casa consistorial e o programa comprende visitas a dúas explotacións de porco celta.

A partir das 9.15 horas haberá unha serie de charlas nas que se exporán diversas experiencias de crianza de porcos en bosques de Galicia, Asturias e o País Vasco, así como unha mesa redonda sobre «Os sistemas silvopastorais con porco celta e outras producións». Pola tarde, a partir das 15.00 horas, os asistentes poderán participar en visitas guiadas a explotacións situadas nos municipios do Incio e Friol. Para tomar parte nas actividades é preciso realizar unha inscrición previa -de forma gratuíta- cubrindo un impreso que se pode descargar na páxina web lourizan.xunta.gal e que debe ser enviado despois ao correo electrónico infolourizan.mr@xunta.gal. Os interesados poden tamén solicitar información chamando aos números de teléfono 986 805 004 e 600 942 418.

 

Entidades organizadoras

A organización da xornada corre a cargo do o Centro de Investigacións Agroforestais de Lourizán en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria, a rede de innovación agrofestal Afinet -, coordinada pola Universidade de Santiago- e o Instituto Nacional de Innovación Agraria. A iniciativa conta tamén co apoio do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Na imaxe sobre estas liñas, unha explotación de porcos celtas na parroquia de Goo, no municipio do Incio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Incio acollerá unha xornada técnica sobra a crianza dos porcos celtas nos soutos