Chantada elixe ao xornalista Lois Celeiro como pregoeiro das súas festas patronais

.

chantada / la voz

O pregoeiro das festas de Chantada será este ano o xornalista Lois Celeiro, nacido en Samos hai 62 anos. Director de comunicación da Universidade de Santiago (USC), Celeiro tengo un longo historial profesional desenvolvido case sempre na prensa escrita ou na comunicación institucional, que o levou a traballar ou colaborar cos principais xornais de Galicia e con administracións públicas como a Xunta.

En 1986 incorporouse como xornalista ao cadro de personal da Universidade de Santiago, e desde 1996 é o seu responsable de comunicación.

As festas de Chantada celébranse todos os anos ao redor da última fin de semana de agosto. Teñen como uno dos seus pratos fortes e como convocatoria más emblemática o Folión de Carros, un desfile no que a localidade rende homenaxe aos oficios tradicioinais.

O pregoeiro do ano pasado foi Féliz Pérez Román, vencellado precisamente durante anos á organización do Folión de Carros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Chantada elixe ao xornalista Lois Celeiro como pregoeiro das súas festas patronais