O Correlingua 2018 chega o luns a Monforte

La Voz

LEMOS

CARLOS CORTÉS

No acto final do Parque dos Condes lerase o manifesto «Rapea, que a lingua non para»

10 may 2018 . Actualizado a las 12:16 h.

Monforte é unha das doce localidades galegas polas que pasará este ano o Correlingua, a carreira por etapas creada para promocionar o uso do galego entre a xente nova e na que participan todos os anos estudantes de ESO e de bacharelato menores de 20 anos. Según a información facilitada a principios desta semana pola Deputación de Lugo, nesta edición está previsto que nesta provincia se mobilicen esta vez perto de 3.000 estudantes de 56 centros educativos distintos, incluidos dous da provincia de Ourense que tomarán parte na etapa de Monforte.

O Correlingua 2018 pasará este mes por Bueu, A Estrada, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Tomiño, Ourense, Ferrol e Vigo, e en Lugo pola capital provincial e por Mondoñedo, además de por Monforte. A etapa de Lugo celebrouse onte, a de Mondoñedo é hoxe e a de Monforte será o luns. En Monforte, os estudantes confluirán no Parque dos Condes.

Na presentación das etapas lucenses desta edición número doce do Correlingua, a deputada provincial Pilar García Porto explicou que co apoio económico a esta iniciativa o organismo provincial «segue a traballar e sumar esforzos en prol da lingua, como elemento imprescindible e reivindicativo da nosa cultura e da nosa historia”.

O Correlingua 2018 celébrase baixo o lema «A lingua non para». Ao final de cada etapa lerase un manifesto titulado “Rapea, que a lingua non para”, escrito por estudiantes de terceiro da ESO do intituto compostelán Antón Fraguas, dará un concerto a Orquestra Cé Pantasma, e serán entregados premios ás mellores pancartas.