Miguel Costas actuará o día 17 nas festas do barrio de Carude

La Voz

LEMOS

Será dentro da terceira edición do festival de rock dos festexos de San Lázaro

08 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O músico vigués Miguel Costas, antigo integrante de Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz, actuará na terceira edición do festival Carude Rock, que se celebrará durante a festas de San Lázaro deste barrio monfortino. O concerto comezará ás 20.30 horas do sábado 17 e contará tamén coa participación dos grupos musicais Extremum, Moucho?s Band e Poet?s Silence.

As festas de Carude iniciaranse o venres 16 cunha pancetada popular -a partir das 21.00 horas- animada por actuacións do grupo soberino Os Parentes e de DJ Maceda. O sábado haberá tamén animacións infantís a cargo da compañía Imaxinatia, a partir das 16.30 horas. O domingo oficiarase unha misa solemne na capela de San Lázaro -ás 13.00 horas-, na que se venderán as típicas roscas benditas. Ás cinco e media da tarde xogarase no campo Luis Bodegas un partido entre solteiros e casados e ás 19.30 haberá un baile popular animado por unha orquestra. Durante toda a fin semana, como é tradicional, serviranse ovos cocidos nos bares do barrio.