Alvelo, antigo xogador do Celta, será o pregoeiro da próxima Festa do Caldo de Ósos

La Voz CHANTADA / LA VOZ

LEMOS

M. Moralejo

23 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A organización da Festa do Caldo de Ósos de Taboada escolleu como pregoeiro da próxima edición ao exfutbolista lucense José Manuel Alvelo Berredo, que foi xogador do Celta de Vigo durante cinco anos. A festa gastronómica, que chega este ano á súa edición número 27, celebrarase entre o 10 e o 11 de febreiro.

Por outro lado, entre os días 2 e 4 do mes próximo celebrarse no municipio o cuarto concurso Degusta Tapas. No certame participan unha decena de locais. Os clientes poderán votar polas mellores tapar e optar a un premio consistente nuna estadía de fin de semana nun balneario.