Recital de piano cunha intérprete de 22 anos

La Voz

LEMOS

CEDIDA

14 nov 2017 . Actualizado a las 17:55 h.

O ciclo Música no Outono trae esta fin de semana a Sober á pianista Susana Gómez Vázquez. Nacida en Alcalá de Henares, ten só 22 anos pero acumula xa unha considerable experiencia. Gañadora do primeiro premio da edición do ano pasado do concurso das Juventudes Musicales de España, Susana Gómez Vázquez formouse no conservatorio da súa cidade natal, na Royal Academy of Music de Londres e na Purcell School, tamén na capital británica.

Na xira de concertos da que forma parte a súa actuación en Sober, presenta o programa Ella, que a autora presenta como unha oda á muller. Interpretará unha peza propia, tamén titulada Ella, e seis máis de Schubert, Dean, Granados e Ginastera. O concerto está organizado polas Xuventudes Musicais de Sober dentro do ciclo de Música no Outono.

Sábado • 19:30 h. • Centro sociocultural • Sober •