Un tardío pero exitoso desfile de comparsas de entroido en Ferreira de Pantón

O festexo reuniu a cerca de setecentos participantes de varios municipios


monforte / la voz

Como é habitual desde hai algúns anos, o municipio de Pantón foi o último do sur lucense en celebrar o desfile de comparsas de entroido. O festexo reuniu o pasado sábado a cerca de setecentos participantes, que percorreron as rúas da capital municipal desde o colexio público ata a praza do Concello.

O feito de que o desfile se celebrase días despois de acabar o festexo en todas partes permitiu que tomasen parte comparsas doutros municipios e incluso de fóra da provincia. As condicións meteorolóxicas mostráronse favorables e durante a festa o tempo mantívose seco e soleado. Non obstante, en previsión de mal tempo, instalouse na praza do Concello unha carpa onde poderían gorecerse os participantes en caso necesario.

O xurado do certame organizado polo Concello concedeu un total de catorce galardóns, que se repartiron entre as seguintes comparsas. No categoría de grupos de dez ou máis membros, o primeiro premio foi para o grupo Chegaron os pavos ao entroido, de Chantada; o segundo, para Vive la música, de Monforte, e o terceiro, para Mundo Troll, do Colexio Ferroviario monfortino. En comparsas de cinco a nove integrantes concedéronse un primeiro e un segundo premio, que recaeron respectivamente nos grupos denominados Los piratas del Cabe, de Pantón, e Sergio y sus amigos de Disney, de Monforte. En formacións de ata catro persoas, o primeiro premio outorgouse a A vida na lareira, de Monforte; o segundo, a Marionetas venecianas, do municipio coruñés de Toques, e o terceiro, a Los hombres invisibles y sus mascotas, de Pantón.

No que respecta ás comparsas infantís, en grupos de dez ou máis membros houbo un primeiro premio para Pantón dando a nota, do colexio local Monte Baliño; un segundo par Peliqueiros, do Saviñao; e un terceiro para Os vaqueiros de Sernande, de Pantón. En formacións de ata catro integrantes, houbo tres galardóns que foron para outras tantas comparsas do municipio: Os Minions, Mario Bros. e Monchiño de Pantón. Concedeuse ademais un premio especial á participación a Carnavalera de Espasantes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un tardío pero exitoso desfile de comparsas de entroido en Ferreira de Pantón