De paseo pola rúa do Silencio e a congostra das Escurruchas

Rodrigo Fernández
roi fernández CHANTADA

LEMOS

arquivo r. fernández< / span>

Un repaso áos nomes antigos e pouco coñecidos do rueiro de Chantada

26 nov 2016 . Actualizado a las 11:27 h.

Unha inmersión ata as profundidades do século XVI permite rescatar o vello rueiro da vila de Chantada. Distintas etapas políticas e toponimia desaparecida deron máis dun nome ás mesmas rúas e zonas. Este texto trata de facer reconto das máis significativas e baséase na revisión de vellos anuncios comerciais, uns apuntes inéditos de 1958 escritos por José Costa Figueiras para a descrición da casa de Moure na obra Casas Hidalgas de Chantada Saviñao y otras tierras (1979), de Luis Campo Fernández.

Congostra das Escurruchas e a Uña do Gato. Tratábase probablemente da pequena rúa que parte da Alameda e que pasa por tras das casas que daban á beira ata o solar do marqués de Valladares e conducían á leira coñecida co nome de Uña do Gato, que chegaba ata Zaquín. Uña de gato é o nome, case que con toda seguridade, dunha zona de hortas entre o Asma e as casas das actuais rúas 2 de Maio e Formoso Lamas.

Portal de Abaixo. «Se vende fábrica de aserrar madera, dos molinos harineros con casa de piedra y más terreno alrededor, con luz eléctrica. A tres kilómetros de Chantada por carretera. Dejan de ganancia unas 25 ptas. por día, dándose facilidades de pago. Para informes diríjase a Segundo Vázquez, Portal de Abajo, Chantada» (La Voz del Agro, oito de decembro de 1930). É moi probable que Portal de Abaixo fose a rúa 2 de Maio.

Rúa do Río. «Colegio de 1ª y 2ª enseñanza bajo la dirección del presbítero D. Lorenzo García Mazaira. Chantada, Calle del Río. Para informes y detalles dirigirse al profesor?secretario Don Emilio González Mazaira». Tamén eran profesores Lorenzo González e o farmacéutico Germán Seijas Guerra. (La Comarca, 7 de agosto de 1930). «Se vende una casita sita en esta villa, calle del Río, que fue de D. Benito Cortés» (El Agro, 22 de xuño de 1930). A actual rúa Formoso Lamas chamouse rúa do Río.

Praza da Constitución. «El Fígaro salón barbería de Santiago Eyré, plaza de la República, 11. En breve se trasladará para los bajos de la casa de don José Costa frente a los soportales». (Juventudd, 18 de outubro de 1931). A praza da Constitución era o actual Cantón, que se chamou sempre así ata a Segunda República. Aí atopábase tamén a propia redacción do semanario Juventud, o obradoiro e aluguer de bicicletas e caldeirería de Manuel Pérez Fernández, a xastrería de Amador Suárez Goyanes, a oficina de Correos e, pegado a esta, a librería de Paulino Mariño.

Pablo Iglesias. «Comercio Froilán, pañería, tejidos y novedades» ocupaba o número tres da Rúa Pablo Iglesias nas mesmas datas que o anterior anuncio, e no número 2 a sombrería Viuda de Ramón Blanco. A Pescadería Chantadina e a xastrería El Orensano tamén estiveron aquí. Esta rúa chamouse do Comercio e despois Calvo Sotelo. A comezos desta década recuperou o nome de rúa do Comercio. A xastrería La Novedad, de Manuel Lorenzo Rodríguez, estaba na travesía chamada tamén de Pablo Iglesias, que era probablemente é a rúa que une as actuais Paz e Comercio.

Praciña de Oriente. «Colegio de 1ª y 2ª enseñanza. Plazuela de Oriente» (El Regionalista, 1 de xaneiro de 1924). No número 7 desta pequena praza tivo ademais a súa sede La Voz del Agro, o semanario fundado por Jesús Fernández Taboada.

Praza 14 de abril. «Pegerto de Soto, tejidos, calzado. El establecimiento más antiguo de la plaza. Plaza del 14 de Abril nº 13». A parte larga da actual rúa do Comercio.

Lama das Quendas. «El que más barato vende sus artículos». Con esa lacónica consigna anunciábase o comercio de Carlos García López co enderezo dun topónimo da vila anulado no rueiro actual.

Estanislao Figueras. Ese foi o nome que tivo na Segunda República a actual avenida de Portugal. Figueras foi un republicano do século XIX que chegou a ser presidente do governo e apoiaba a descentralización de España.

Rúa de Salmerón. «Antonio Caseiro Ferreiro, representante en este partido de las máquinas de coser y bordar Singer, venta de toda clase de accesorios y piezas de repuesto. Reparación en general, ventas a plazos y al contado. Calle de Salmerón, 12, Lama das Quendas. Chantada» (La Voz del Agro, 13 de decembro de 1931).

Rúa do Silencio. «Daniel Vázquez Campo, Abogado, calle Daniel Vázquez Bóo, 4 (antes Silencio). Horas de despacho: de nueve a una y media, y de cuatro y media a ocho». (El Regionalista, 18 de marzo de 1923).

Avelino Vázquez. Un plano de Chantada do ano 1928 confirma que o tramo da actual avenida de Ourense entre a praza de Santa Ana e a de Catro Camiños levaba o nome de Avelino Vázquez.

Rúa Santiago. Ata hai pouco Alférez Baanante, hoxe Uxío Novoneyra. O semanario La Comarca, tiña o seu enderezo no número 2 desta rúa no ano 1912.

Paseo das Acacias. Así se chamou, case con total seguridade, parte da actual avenida de Ourense, pois foron estas árbores as que deron sombra moitos anos aos paseantes desta rúa.

Cantón grande. Ao mellor era unha chiscadela á Coruña, mais así o di este anuncio de El Regionalista con data de 1923: «Banco de Vigo realiza toda clase de operaciones bancarias. Agencia en Chantada, Cantón Grande, 8».

Rúa Principal. «Decoración artística José Rodríguez, pintor. Pintura de altares, retablos e imágenes. Cuadros al óleo, de paisaje, marina, flores, comedor, figura, etc. Pintura de estandartes y ornamentos de iglesia, proyectos para decoración de edificios. Principal, 8».

Rúa do enxeñeiro Hernández. «Venta de solares en la calle del Ingeniero Hernández, barrio de La Costaña frente al pajar de D. Martín. Se venden dos solares de ocho metros de frente por treinta y dos de fondo. Tienen entrada por la carretera de Orense y por la calle de la Costaña, siendo insuperable su situación, por estar en el sitio de más porvenir de esta villa. Informes en Casa de Soto». (primeiro número de El Regionalista, xaneiro de 1923)

Rúa Nova. «Relojería Ibérica de Lino García Mosquera, Calle Nueva, frente a la farmacia de A. Baanante, Chantada». (La Comarca, agosto de 1930.