-¿Que vantaxes pode ofrecer para as familias con fillos?
-Por un lado, os nenos están moito máis perto da natureza e os colexios aprovéitano para as súas actividades. As aulas non están masificadas como nas cidades e os profesores poden darlles unha atención moito máis individualizada. No colexio Ricardo Gasset realizouse hai pouco un vídeo que está editado en Internet e que mostra moi ben como se traballa cada día no centro. É un bon exemplo das vantaxes que ten a educación no rural.
-¿E en canto aos inconvenientes?
-Un deles é que en moitos colexios do rural suprimiron prazas de educación infantil e despois van concedendo profesores suplementarios segundo as necesidades de cada curso. É o que sucede no Incio e iso fai que cada ano teñamos que estar pendentes por se hai que solicitar outro profesor ou non. E tamén están os problemas de transporte escolar. Fóronse suprimindo moitas liñas e agora no Incio só temos unha que cubre cada día uns cincuenta quilómetros e fai sete paradas. Hai nenos que aínda que viven moi perto do colexio teñen que facer todo ese traxecto para recoller aos demais e pasan máis dunha hora no autobús. Cousas como esta pasan en todos os municipios de montaña-