Entregados os premios na honra da oleira Lola de Penelas

Os gañadores foron Paula Verao, o CIM e os estudantes Raúl Rodríguez e Víctor Rodríguez


O colectivo Lemos le entregou esta semana os seus premios deste ano. Os gañadores son Paula Verao, o Centro de Información á Muller que desde Monforte presta servizo a toda a comarca e os estudantes Raúl Rodríguez e Víctor Rodríguez. Á entrega, que se celebrou en Sober, asistiron ao redor de corenta persoas.

Nos premios da terceira edición do Certame Mulleres de Lemos, dedicado á oleira de Gundivós Lola de Penelas. Paula Verao e o CIM foron elixidos polo seu labor de divulgación. En canto aos estudantes, son os gañadores do concurso de banda deseñada convocado por Lemos Le o curso pasado. Raúl Rodríguez gañou o primeiro premio e Víctor Rodríguez un accésit.

Durante a cea na que os organizadores entregaron os premios, foi proxectada unha curtametraxe sobre Lola de Penelas elaborada polo CIM cos traballos feitos polos alumnos dos colexios de Primaria da comarca de Lemos e coa voz da xornalista Manola Porto como narradora.

Os organizadores repartiron entre os asistentes marcapáxinas cun texto que o escritor Xabier Quiroga lles adicou na entrega dos premios do 2015. O autor convidado este ano foi o monfortino Lois Diéguez, que lles entregou un texto titulado A estrela azul de MM.

O colectivo Lemos Le está formado por responsables de bibliotecas públicas da comarca e a asociación de libreiros de Monforte, ademais de persoas vencelladas de calquera xeito ao mundo dos libros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Entregados os premios na honra da oleira Lola de Penelas