A maioría son turistas, pero aumentan a solicitudes de medidas preventivas para traballadores que van saír fóra durante máis dun ano
25 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O servizo de medicina preventiva do hospital de Monforte administrou nos primeiros oitos meses deste ano 178 vacinas a personas que viaxaron ao extranxeiro. Treinta e cinco dos vacinados recibiron tratamento específico contra a malaria. Son dous dos datos do balance de actividade da denominada unidade de vacinación internacional e atención ao viaxeiro que está operativa neste centro sanitario.
O balance chega despois do verán, que é a época de máis demanda deste tipo de vacinas, porque é cando máis se viaxa por turismo. O 70% dos usuarios desta unidade son turistas que ían viaxar a países nos que é preciso adoptar medidas sanitarias preventivas. Os destinos máis frecuentes son Tailandia e Perú. En todo caso, este ano aumentou o número de viaxes por razóns de traballo, e a maioría deles tiñan unha duración prevista de máis dun ano.