A Festa da Pisa da Castaña celebrarase en Froxán o 6 de decembro

La Voz

LEMOS

O pregón do festexo será pronunciado polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán

14 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación cultural Fonte do Milagro prepara a decimosétima edición da Festa da Pisa da Castaña do Courel, que se celebrará o 6 de decembro na localidade de Froxán. As actividades previstas para a xornada comezarán ás 11.30 horas co acendido dun sequeiro tradicional. Seguidamente haberá un acto de homenaxe á librería Celia de Quiroga. Ás doce e cuarto comenzarán as demostracións de pisado e abandoxado de castañas, ou sexa, a operación que consiste en descascar os froitos golpeándoos contra un tronco e sacudíndoos con unha bandexa de madeira.

O pregón do festexo será pronunciado á unha e media da tarde polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán. Ás dúas da tarde ofrecerase un xantar a base de produtos típicos da serra, e dúas horas despois retomaranse as demostracións de pisado da castañas, que continuarán ata as oito e media.

Ao longo do día haberá actuacións musicais a cargo de grupos de zona. As persoas que o desexen tamén poden actuar cos seus propios instrumentos.