Un percorrido de máis de doce quilómetros, pasando por igrexas e grupos de petróglifos


A ruta do Coxo de Bulso ten unha lonxitude total de 12,3 quilómetros e discorre polas parroquias de Pinol, Lobios, Santiorxo, Brosmos e Bulso. O percorrido programado para o domingo non cubrirá a totalidad deste itinerario cultural e histórico, senón que se limitará a un traxecto de dez quilómetros. Na camiñada tomará parte un grupo de afeccionados ao sendeirismo de Vigo.

Os participantes reuniranse ás dez e media da mañá xunto á igrexa parroquial de Pinol, na praza do cruceiro. A marcha terá unha duración aproximada de tres horas. A convocatoria está aberta a todas as persoas interesadas e para participar na camiñada non é preciso realizar unha inscrición previa.

Lugares de interese

O itinerario pasa polos dous templos relacionados coa historia do Coxo de Bulso -o santuario de Cadeiras e a igrexa de Brosmos-, así como por varios grupos de petróglifos, algúns dos cales foron descubertos en tempos recentes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un percorrido de máis de doce quilómetros, pasando por igrexas e grupos de petróglifos