Monforte acollerá unha homenaxe a Manuel María polas Letras Galegas

LEMOS

A ruta literaria en recordo de Manuel María rematou o pasado domingo xunto á súa estatua con música e unha ofrenda floral<span lang= es-es >. </span>
A ruta literaria en recordo de Manuel María rematou o pasado domingo xunto á súa estatua con música e unha ofrenda floral. roi fernández< / span>

A Real Academia Galega acepta a proposta que lle trasladou o Concello

11 nov 2015 . Actualizado a las 22:35 h.

Monforte será escenario o próximo ano dun dos actos principais organizados pola Real Academia Galega con motivo da dedicatoria ao escritor Manuel María do Día das Letras. O presidente desa institución, Xesús Alonso Montero, vén de confirmalo nunha carta dirixida ao alcalde, na que acepta a invitación que lle fixo chegar previamente o Concello.

Tanto a viúva do escritor, Saleta Goi, como a Fundación Manuel María están de acordo coa celebración da homenaxe en Monforte, que terá lugar nunha data por concretar posterior á festividade das Letras Galegas. «Tal e como era de supoñer, a fundación entende que o acto magno do 17 de maio de 2016 debe celebrarse en Outeiro de Rei», sinala Alonso Montero na carta de resposta que deu a coñecer o Concello.

Os actos conmemorativos das Letras Galegas soen centralizarse no lugar de nacemento do autor homenaxeado. A excepción, neste caso, ten que ver coa fonda relación de Manuel María con Monforte, onde residiu durante cerca de catro décadas. «Con independencia da homenaxe que se organice coa Real Academia Galega, o Concello está a falar con persoas que estiveron moi vinculadas ao escritor para levar a cabo outros actos conmemorativos», di o alcalde, José Tomé.

A data e o formato da homenaxe que se organizará conxuntamente coa Real Academia Galega serán concretados na próxima primavera.