O arco triunfal de Nogueira resucita

Destapado nesta igrexa un terceiro grupo de frescos renacentistas

Vista xeral do interior da igrexa de Nogueira desde o seu arco triunfal, cos frescos xa recuperados dos muros laterais.
Vista xeral do interior da igrexa de Nogueira desde o seu arco triunfal, cos frescos xa recuperados dos muros laterais.

chantada / la voz

A terceira fase do proceso de restauración da igrexa románica de Nogueira de Miño está perto do seu remate. Esta nova fase do rescate dos frescos renacentistas agochados nas paredes desta igrexa románica de Chantada centrouse na recuperación das pinturas do arco triunfal, a parte que separa o presbiterio do corpo principal do edificio.

A retirada da capa de cal que cubría esa parte da igrexa deixou ao descuberto murais de estilo semellante aos descubertos no resto da igrexa. Este labor de restauración, financiado pola Consellería de Cultura e dirixido na fase actual pola empresa Crea Restauración, empezou hai algo menos de dez anos, despois de que os veciños descubrisen accidentalmente durante unhas obras que debaixo da cal que cubría as paredes interiores había pinturas. Nas fases anteriores foran recuperados os murais laterais. Os frescos do muro norte conteñen unha representación do Xuízo Final presidida polo Pantocrátor, e nos do muro sur vese a coroación de Santa María e a resurrección de Cristo.

É posible visitar a igrexa, previo aviso ao veciño que se encarga de abrila. Trátase de Antonio Vázquez Porto e o seu teléfono é o 699 122 740.

patrimonio restauración en chantada

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

O arco triunfal de Nogueira resucita