Discapacitados da residencia de Bóveda farán o Camiño de Santiago

Acompañaráos o policía local de Vigo Javier Pitillas, medalla Castelao 2014

la voz

Un grupo internos da residencia para persoas con discapacidade que xestiona AIP en Bóveda farán este mes un tramo do Camiño de Santiago. Acompañaraos o policía local de Vigo Javier Pitillas, medalla Castelao no 2014 polo seu compromiso coa integración de persoas con discapacidades.

Pitillas entrou en contacto o ano pasado coa residencia de Bóveda porque fixo alí un alto no seu Discamino, o percorrido anual que fai cara Santiago guiando a persoas con impedimentos. Once internos de Bóveda se apuntaron para a peregrinación deste ano. Acompañados tamén por persoal do centro, sairán o día 17 de Vigo para chegar a Santiago o 21, previo paso por Pontevedra, Caldas e Padrón.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
2 votos

Discapacitados da residencia de Bóveda farán o Camiño de Santiago