A Casa de Cultura monfortina acollerá unha mostra sobre tradicións galegas

monforte / la voz

LEMOS

24 ene 2015 . Actualizado a las 04:00 h.

A moción do equipo de goberno inclúe un texto que o poeta Manuel María redactou para presentar o libro póstumo de Lois Pereiro Poemas para unha loia, editado no 2007. Un dos parágrafos deste texto sinala a necesidade de que a cidade natal do poeta conserve a súa memoria: «A cidade de Monforte de Lemos, onde el naceu e que tanto amou, non anda sobrada de poesía e de poetas, tamén o precisa. Faille falta a súa palabra verdadeira, estremecida e irrenunciable para que lle axude a abrir os seus ollos, dunha vez para sempre, á luz, á esperanza e á beleza».

Na Casa de Cultura de Monforte inaugurarase o luns a exposición Aldeas galegas e as súas tradicións, que recolle imaxes realizadas ao longo de dez anos pola fotógrafa Rocío Rodríguez López Peruchela, natural do municipio de Bóveda. As imaxes foron publicadas durante este tempo nunha páxina web co mesmo nome da exposición, que foi editada por primeira vez hai unha década.

As imaxes reunidas pola fotógrafa mostran as tradicións rurais galegas que se manteñen vivas ou que se recrean de diferentes maneiras na actualidade. As fotografías mostran costumes como a matanza do porco, festas populares, mostras etnográficas e festexos gastronómicos dedicados a produtos tradicionais. Moitas destas manifestacións teñen por escenario as comarcas do sur lucense, como as feiras do Viño de Amandi, Chantada e Quiroga, a Festa da Pisa da Castaña do Courel ou o carnaval do Oso de Salcedo. A exposición estará aberta ata o último día do mes e poderá visitarse de 9 a 13.30 horas pola mañá e de 16 a 21 pola tarde.