A eurodeputada Ana Miranda dará o sábado unha conferencia en Escairón

monforte / la voz < / span>

LEMOS

09 dic 2014 . Actualizado a las 05:10 h.

A eurodeputada Ana Miranda, do BNG, dará unha charla no Círculo Saviñao de Escairón este sábado ás oito da tarde, dentro do ciclo «Galicia en Europa». Este conferencia abre as actividades programas pola referida entidade para este mes, que continuarán o domingo á mesma hora coa apertura dunha exposición do fotógrafo Javier Lordán.

Por outro lado, o Círculo Saviñao programou senllos concertos dos grupos musicais Zamaramandi e Clave de Fado, que se ofrecerán respectivamente os días 20 e 25, en ambos casos ás 23.30 horas. O día 31, a partir da unha e media da mañá, haberá un baile de fin de ano animado pola artista Nuncy Valcárcel e o grupo Gin Toni?s.