Lemos: A fase final do grupo A dispútase mañán na Pinguela
A fase final da copa Galicia de promesas femenina disputarase mañá a partir das dez no pavillón municipal da Pinguela. A esa hora pódese dicir que se disputará a final anticipada, posto que medirán as súas forzas o Ribeira Sacra Monforte e o Emevé. Ás once e media veranse as caras os conxuntos do Emevé e o Jealsa Boiro Voleibol, mentres que á unha do mediodía pecharán esta fase final o equipo coruñés e a escuadra de Manolo Martínez.
Para esta final da copa Galicia de voleibol o entrenador monfortino poderá contar con todas as súas xogadoras, xa que todas adestraron con normalidade e intensidade. O preparador local incidiu en facetas coma o saque e a defensa, consciente de que se o fan ben poden ter as súas opcións de superar ao Emevé.
Dende Soria, Antía Rodríguez desexa sorte as súas antigas compañeiras. «Espero que todo lles saia ben, e poidan levarse a copa, porque a merecen», indica a actual xogadora da concentración permanente de voleibol.
A directiva do CV Ribeira Sacra fai un chamamento á afección monfortina para que mañá encha as gradas do pavillón municipal de A Pinguela. Os rectores da entidade monfortina entenden que é un intre histórico para o clube creado recentemente. Poden sumar o seu primeiro título co seu novo escudo.
A fase final do grupo C tamén se disputa mañán na Coruña. Esta disputarana o Narón Volea A, o XAV Cambados e as anfitrionas do CV Zalaeta, equipo que parte como favorito.