Finais tráxicos a grandes alturas

La Voz

LEMOS

Os irmáns José e Vicente Simón Ratón, coa neve do Faro ao fondo
Os irmáns José e Vicente Simón Ratón, coa neve do Faro ao fondo

09 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Deporte para uns, aventura para outros, longa é a lista de alpinistas que pereceron na dura tarefa de ascender as montañas. E probablemente é máis longa aínda a dos alpinistas por necesidade, que pola súa supervivencia se vironse na obriga de faceren percorridos nos que a montaña estaba por medio e non quedaba outra que subilaa. Ötzi, a momia natural máis antiga de europa data do ano 3300 antes de Cristo. Atopado nos Alpes a 3.200 metros de altitude, poidera ser un exemplo. Morreu pola ferida que lle provocou unha frecha, pero aínda así a adversidade a esa altura de seguro influíu na sua agonía.

Todos estes tráxicos finais de montaña teñen en común as grandes alturas, por suposto por riba dos 2.000 metros. A partir de aí o terreo adquire a categoría de alta montaña, e o británico Christopher Monger deixou clara na súa película O inglés que subiu unha colina e baixou unha montaña cal era a altitude dun promontorio para poder chamarse montaña. O noso relato narra a historia da morte de dúas persoas no monte Faro, parte dunha serra que entre as terras de Chantada e as de Rodeiro alcanza unha cota máxima de 1.187 metros sobre o nivel do mar en Alacante. Sen dúbida, unha montaña. Dezasete anos antes da morte de Mallory no Everest, morrían estes dous chantadinos de Caíbe no inverno de 1907, uns tempos duros para os pobres da Galicia rural. E máis para as xentes da montaña como ben relata, nun semanario de Chantada con data do 18 de maio de 1930 e no único exemplar recuperado do abandono, o que fora redactor de La Comarca, Ramón Gutiérrez.