Un proxecto para potenciar o uso artístico e cultural dos monumentos da Ribeira Sacra

La Voz

LEMOS

17 dic 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A actuación que ofreceu Vox Organalis na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil forma parte dun ciclo denominado Concertos para os Sentidos, que promove o consorcio turístico da Ribeira Sacra coa axuda da Consellería de Cultura. O primeiro concerto organizouse no mosteiro ourensán de Santa Cristina de Ribas de Sil o 19 de outubro e correu tamén a cargo do grupo Vox Stellae.

O consorcio pretende que este ciclo de actuacións teña unha duración indefinida e comprenda ao menos dous concertos en cada estación do ano. A iniciativa pretende potenciar o uso das igrexas, mosteiros e outros edicios históricos da Ribeira Sacra como escenario de concertos e actividades culturais. Os recitais que se prevé ofrecer son de música medieval, barroca, clásica ou relixiosa.