Música rockeira galega en Bóveda para o Horti Rock 2013

monforte / la voz

LEMOS

20 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Non é extraño atopar todas as festas, feiras e festivais postos en bandexa para a última fin de semana de agosto; na que se concentran moitas das propostas festivas máis atractivas do verán. O resultado: o efecto contrario, unha dispersión do público local cara un festexo concreto.

Os veciños de Bóveda non terán ese problema, xa que con previsión escolleron o venres 30 para a celebración do seu festival de música.

O festival Horti Rock 2013, organizado pola asociación cultural Horticelos, comezará ás 23:00 horas e a entrada será de balde e libre para tódolos que queiran asistir.

Os concertos musicais xirarán en torno ao estilo rock. O grupo Doc Magoo?s aportará a súa dose rockeira versionando a grupos emblemáticos dos sesenta e setenta.

Por outra banda, o grupo The Teta?s Van achegará o punto máis rebelde e feminista coas súas versións que dan voz a cancións comprometidas, poemas e textos, sempre en galego.

O último grupo será Before my eyes, que poñerá a guinda final ao festival Horti Rock ata a próxima edición.