O festival independente de Chantada prepara un encontro co panorama underground

LA VOZ

O sábado 27 de xullo acollerá en Chantada a cuarta edición do FICH, un festival que naceu coa ilusión de achegar un tecido de novas propostas artísticas á cultura da vila. Esta edición xira arredor da electrónica e a autoproducción musical, contando con grupos de gran recoñecemento e traxectoria.

Os concertos desenvolveranse en tres espazos, a Casa da Música será onde a partir das 16:00 horas os grupos Fur Alle Falle, Rafa Anido e Acción Grotescos dean comezo á xornada de melodías experimentais.

O prato forte será a partir das 20:00 horas no xardín do Casino, onde Melómano Caracas, a francesa Moungup e os vigueses Estrambote coa súa fusión proto-punk e sintetizadores serán os feiticeiros da música ao aire libre. Deseguido Camarada Nimoy, Mano de Obra e o alemán Rolando Bruno y su orquesta MIDI encargaranse do ritmo ata o peche do xardín de madrugada. Para gozar da música en vivo dentro dun pub, a partir das 03:00 o pub Times convertirase en escenario para Dr Think, República Disco Apocalipso e Fich djs. Ademais de música, haberá obradoiros infantís de cabezudos durante a mañá que protagonizarán o pasarrúas antes dos concertos vespertinos.

Este festival, promovido por Lúa Zálamo e Javier Miró coa participación doutros colaboradores, substéntase co obtido nas entradas de edicións anteriores. As deste ano poden mercarse no mercado deste domingo. «O que pretendemos é ofrecer música diferente e de calidade a Chantada, atraer a un público local e de todos os gustos musicais. Gustaríanos seguir medrando, mantendo sempre a nosa esencia», conclúe Lúa Zálamo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O festival independente de Chantada prepara un encontro co panorama underground