Cinco escritores presentarán esta tarde o libro «Poesía no Incio»

monforte / la voz

LEMOS

19 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O centro multiusos do Incio acollerá hoxe -ás sete da tarde- a presentación do libro Poesía no Incio, o primeiro dunha colección de obras que serán editadas por un grupo de veciños do municipio. No acto tomarán parte os escritores Manuel Rivas, Olga Novo, Marica Campo e Claudio Rodríguez Fer -que colaboran na publicación-, así como o xornalista Xosé Manuel Pereiro, irmán do falecido poeta Lois Pereiro, de quen se inclúe un poema no libro. A publicación tamén recolle textos de Uxío Novoneyra e Ánxel Fole.

A obra estará á venda a partir da semana próxima en varias librerías de O Incio, Monforte, Sarria e Lugo.