A Deputación estreou un itinerario turístico no canón do Sil

O organismo provincial abriu tamén a nova temporada do plan Km0

Gómez Besteiro recibiu no náutico de Doade aos primeiros usuarios da ruta, veciños de Negueira de Muñiz
Gómez Besteiro recibiu no náutico de Doade aos primeiros usuarios da ruta, veciños de Negueira de Muñiz

monforte / la voz

A Deputación inaugurou onte no club náutico de Doade -no municipio de Monforte- unha nova ruta turística polo canón do Sil e o seu entorno e a quinta temporada do programa de percorridos Km0, cuxos primeiros usuarios foron un grupo de veciños de Negueira de Muñiz. No acto participou o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, quen sinalou que o obxectivo do novo itinerario turístico consiste en «promocionar de maneira conxunta todos os recursos da comarca: a cultura do viño, os produtos autóctonos, o patrimonio monumental co románico como referente, os canóns do Sil, a olería de Gundivós, o termalismo, o Camiño de Inverno...».

A nova ruta, afirman por outro lado desde a Deputación, «contribuirá a potenciar as visitas á comarca, que xa figura no ránking das máis visitadas de Km0». O sur da provincia -agregan- recibiu cerca de 12.000 visitantes desde a posta en marcha deste programa, o que supón o 30% do total, sendo Sober e Monforte os municipios máis beneficiados.

Medios de transporte

O itinerario combina percorridos en catamarán, en bus e no tren turístico que ten a base na localidade soberina de Doade. A ruta discorre polos viñedos e adegas situados na ribeira do Sil entre as zonas de Doade e Chanteiro e polas igrexas románicas de Lobios, Pinol e Proendos. Ademais do grupo de veciños de Negueira de Muñiz que estreou onte o itinerario, está previsto que ao longo do mes realicen este mesmo percorrido outros colectivos de Lourenzá -que o farán esta mesma semana-, Ribadeo e a capital da provincia.

Por outra parte, os responsables da Deputación sinalaron que a nova temporada do programa Km0 arranca con 7.200 personas na lista de espera. Ademais da ruta da Ribeira Sacra, durante esta semana poranse en marcha outros dous itinerarios, situados respectivamente na Serra do Courel e na Mariña.

No pasado xullo, o organismo provincial ampliou este programa cunha nova modalidade denominada Km0 Fin de Semana, respondendo a demandas formuladas polos empresarios do sector turístico e hostaleiro. Con isto preténdese «chegar a máis xente para que máis empresas se beneficien dos seus efectos durante máis tempo».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

A Deputación estreou un itinerario turístico no canón do Sil