A Fundación TIC apoia a Preescolar para frear o despoboamento rural

lugo / la voz

LEMOS

21 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

A Fundación TIC e a Fundación Preescolar na Casa firmaron onte un convenio de colaboración para a elaboración de programas de radio e produtos audiovisuais que difunden o labor que desenvolve a entidade sen ánimo de lucro. O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a presidenta da fundación, María Soledad Fernández Rocha, renovaron onte o documento, que permitirá completar a formación práctica aos bolseiros da Escola de Imaxe e Son de cara á súa inserción laboral.

Deste xeito, a TIC achega as súas instalacións e medios técnicos, así como un equipo de profesionais e bolseiros, para a elaboración de contidos do programa educativo que emite PnC na Radio Galega os domingos ás 08.30 horas. Ademais, en breve renovaranse os acordos para realizar un programa de 15 minutos que se gravará nos estudos da TIC, e que nos últimos anos se emitiu en Radio Principal Cadena Ser Vilalba e Monforte, e na Radio Municipal de Quiroga. «O labor de Preescolar na Casa é máis importante ca nunca debido ao grave problema de despoboamento no rural galego», subliñou Besteiro.