O Incio pechará o día 17 as homenaxes deste ano a Lois Pereiro no sur lucense

la voz

O Concello do Incio celebrará o día 17 a que probablemente será a última homenaxe tributada este ano ao poeta Lois Pereiro no sur da provincia e unha das últimas en Galicia. Os actos comezarán en torno ás seis e media da tarde coa inauguración dunha placa de pedra cun poema de Pereiro que estará instalada na praza do Concello.

Na sala multiusos da casa consistorial haberá seguidamente un recital de poesía no que intevirán os escritores Manuel Rivas, Olga Novo e Marica Campo e que se complementará con algunha actuación musical. O programa de actos pecharase cun concerto no recinto do vello mercado gandeiro, no que actuarán os grupos A Quenlla e Ondas Martenot, este último dedicado a interpretar pezas musicais relacionadas con Lois Pereiro.

No municipio do Incio, de onde proceden as familias materna e paterna do poeta, xa se levara a cabo outra homenaxe pública a finais do pasado abril. En Monforte, que acolleu os actos centrais do Día das Letras Galegas, promovéronse ao longo do ano diversas actividades relacionadas co poeta, como a exposición Lois Pereiro, camiño do futuro libremente, que se inaugurou coincidindo co nomeamento de Pereiro como fillo predilecto do municipio.

Outras actuacións

Outras iniciativas levadas a cabo durante os últimos meses abarcaron desde a realización de pinturas murais de grande tamaño nas rúas da cidade ata a presentación de diversos libros sobre Lois Pereiro -entre eles, os do pintor e escritor monfortino Antón Patiño-, pasando pola representación do espectáculo teatral Mundo Lois no auditorio do centro multiusos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O Incio pechará o día 17 as homenaxes deste ano a Lois Pereiro no sur lucense