Os museos provinciais estrenan mostras sobre arte de ser mulleres

lugo / la voz

LEMOS

02 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Museo de San Paio de Narla, o Museo Pazo de Tor e o Museo do Mar de San Cibrao inauguran hoxe a terceira fase do proxecto «O arte de ser muller nun mundo por compartir. 3.0». A área de Cultura da Deputación impulsa este proxecto, no que participan un conxunto de mulleres artistas co obxectivo de facer máis visible as mulleres dentro do mundo do arte e achegar «un graíño máis a prol da igualdade de xéneros e do cumprimento da lexislación vixente ao respecto».

A apertura do proxecto levarase a cabo en San Paio de Narla a partir das 17.00 horas, «hora do café», como reflicte a obra de Sabela Arias. Terá unha duración total de 27 semanas cunha exposición colectiva e organizada en base ao axioma do «custe 0» e do traballo en rede. As primeiras artistas participantes van ser Sabela Arias e Montse Rego. As mostras realizaranse por orde alfabética cunha duración dunha semana en cada un dos espazos postos a disposición das artistas.

De custe 0

«Este é un proxecto de custe 0 co que mostramos que se pode facer xestión cultural de calidade aforrando cartos que pertencen a todos os cidadáns e á vez traballar e axudar a aqueles colectivos que o precisan», subliñan desde a rede museística provincial.

As artistas participantes nesta fase do proxecto expositivo son: Sabela Arias, Julia Ares, Blanca Besteiro, Mercedes Cabada, Paula Cabaleiro, Montse Cea, Ana Costas, Yolanda Dorda, Cristina Fernández, Dolores Guerrero, Carmen Llonín, Rebeca López, Estefanía Novo, Ruth Núñez, Renata Otero, Elena Pendás, Xedes Peón, María Jesús Pérez, Laura Pernás, Noa Persán, Marta Prieto, Silvia Rodríguez, Montse Rego, Paula Salinas, María José Santiso, Magdalena Seixas e María José Vila.

No Museo do Mar estarán Amelia Pernas García e Ángeles Cabarcos. Mentres, e no de San Paio de Narla estarán Francisca Abuín Villar, Ana María Ferro Fernández e Jesús González.