Arte nas Rúas e homenaxe a Pereiro

La Voz

LEMOS

12 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Xuntanza de Pintura Mural ven dar continuidade ao proxecto Arte nas Rúas, promovido en xuño do pasado ano pola concellería de Xuventude e coordinado igualmente por Humberto Loureiro. Naquela ocasión decorouse unha serie de muros e laterais de edificios situados nas rúas do Conde, Doutor Teijeiro, Doutor Casares, Duquesa de Alba e Malecón e na praza da Compañía. A iniciativa desenvolvérase a raíz dun obradoiro de grafitos organizado pola mencionada concellería despois de consultar aos alumnos dos institutos sobre as actividades que poderían ter máis interese para os xoves do municipio. Por outro lado, e tamén co apoio do Concello, Humberto Loureiro e Miguel Rodríguez pintaron recentemente un mural de grande tamaño en homenaxe ao poeta Lois Pereiro nun edificio situado na rúa Juan Ramón Jiménez.