Descubren no pazo de Tor un plano de Lugo realizado no século XVIII

monforte / la voz

LEMOS

14 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Deputación presentou onte no Museo Provincial un plano de Lugo realizado no século XVIII que foi descuberto recentemente nos arquivos do pazo monfortino de Tor. O plano, que corresponde á zona do Campo do Castelo, foi trazado polo escultor lucense Agustín Baamonde, quen asinou este traballo o 22 de xuño de 1757.

O historiador Adolfo de Abel elaborou un relatorio sobre este achado no que indica que plano é probablemente un esbozo feito para ser utilizado nun pleito entre o bispado lucense e o marqués de Viance.

No acto participaron o vicepresidente do Deputación, Antón Bao; a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do museo lucense, Aurelia Balseiro. Bao sinalou que o pazo de Tor está a converterse «nun fondo importantísimo de descubrimentos históricos».