Acruga recollerá o undécimo Premio Aresa o 4 de febreiro na Facultade de Veterinaria

La Voz LUGO/LA VOZ.

LEMOS

11 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.

Representantes da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún (Acruga) recollerán o vindeiro 4 de febreiro no auditorio da facultade de Veterinaria, en Lugo, o undécimo Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, impulsado pola empresa luguesa Aresa e a USC. O acto terá lugar ás 20.30 horas e contará coa intervención do catedrático de Fundamentos da Análise Económica da USC Alberto Meixide Vecino, que ofrecerá unha conferencia que levará por título «Crise económica, demografía e territorio». O xurado do certame, composto, entre outros, polo reitor Juan Casares Long, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, ou o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, decidiu concederlle o premio a Acruga «pola súa contribución ao desenvolvemento da economía rural galega».

Destacan méritos como a aposta polo proxecto do centro de recría na Granxa Gayoso Castro, a posta en marcha xunto con Ternera Gallega da marca Carne de Rubia Galega ou o crecemento do número de explotacións adscritas, cunhas 57.000 cabezas.