Queixas da Mesa pola Normalización porque nun xulgado lugués se discrimina o galego

La Voz LUGO/LA VOZ.

LEMOS

26 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presentou unha queixa ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, pola discriminación da que é obxecto o galego nalgúns xulgados. Como exemplo cita o caso dun cidadán «ao que lle denegaron a documentación en galego no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, sinalándolle que se a quería neste idioma tería que agardar moito máis tempo».

O uso do galego nos xulgados lucenses, tanto por parte de xuíces como o resto de profesionais, é mínimo. O número de sentenzas que se redactan nesta lingua resulta moi reducido. A Mesa lembrou, co gallo desta denuncia, que o artigo 7 da Lei da Normalización Lingüística, recoñece o dereito a que a cidadanía poida empregar calquera das dúas linguas oficias nas relacións coa Administración de Xustiza; así como que as actuacións xudiciais en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada.