O concurso de fotos aéreas da Muralla premiará as tres mellores

La Voz LUGO/LA VOZ.

LEMOS

20 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Real Aeroclub lucense únese á celebración de Lugo 10, incluíndo na programación do quinto Criterium Aeronáutico o concurso fotográfico «A Muralla de Lugo dende o aire». Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotos, captadas os días 23 e 24 durante a celebración da citada proba. As seis da tarde do sábado é a data límite para presentar as instantáneas na oficina do aeródromo de Rozas. Haberá tres premios e dous accésit: o primeiro, unha cámara de fotos; o segundo unha estancia no balneario de Lugo; e o terceiro, un lote de libros.