«Este ano imos dedicarlle un concerto á vendima no novo auditorio»

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA |

LEMOS

04 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

José Fórneas Montero, natural de Castroverde pero chantadino de adopción, veu traballar ao xulgado da localidade hai case un cuarto de século e preside a Coral Polifónica de Chantada dende outubro do ano pasado.

-¿Cal é o diagnóstico da coral a día de hoxe?

-Os coralistas que hai son maiores e poucos. Trinta e sete en total. Precisamos arranxar este problema. Temos que atraer a xente nova dalgunha maneira.

-¿Cal é o seu lugar de ensaio?

- O Casino préstanos unha dependencia, pero gustaríanos ter un lugar propio para gardar cousas como os libros, o vestiario...

-¿Cómo teñen a axenda esta temporada?

-Sempre hai catro actuacións fixas. Unha vai ser este día 6 na residencia de maiores en agradecemento a eles; o 30 de outubro faremos unha dedicada á vendima que, con sorte, farase no novo auditorio de Chantada; o 21 de decembro, o festival de Nadal, que esperamos facelo no Círculo Recreativo Cultural e xa fixemos unha en Palas de Rei. A maiores temos organizada pola Diputación Provincial unha actuación na parroquia de Sabadelle no mes de setembro. As veces non é doado organizarse porque non todos os compoñentes están dispoñibles. Incluso o director ten problemas para compaxinar. Ademais da nosa, tamén dirixe a Coral de Renfe e a Coral de Quiroga.