«A xente nova é máis apática polo uso e abuso das novas tecnoloxías»

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA |

LEMOS

14 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Casa da Xuventude de Chantada leva 23 anos aberta, e Marina Vila, a actual directora, traballa nela desde hai dezaséis. Admite que neste tempo notou cambios considerables na actitude da xente nova da vila.

-¿Hai xuventude?

-Hai moita, o que pasa é que case sempre son os mesmos os queparticipan nas actividades, que son os de Chantada. Os das aldeas teñen problemas polo transporte.

-Camboiu moito a xente que utiliza a Casa da Xuventude desde que vostede empezou?

-Agora son moito máis cómodos. Antes traídan a enciclopedia para facer os traballos do colexio, pero agora son máis vagos, por influenza das novas tecnoloxías.

-¿Algunha carencia a solventar no centro?

-A Casa da Xuventude está moi ben dotada, porque se van renovando as cousas. As carencias que noto non son do centro, senón da xuventude, que en xeral é máis apática, eu penso que polo uso e abuso das novas tecnoloxías.

-¿Que servizos ofrecen?

-Internet gratis, pingpong, futbolín, películas, música, a posibilidade de preparar traballos en grupo do colexio. Pero tamén funcionamos sinxelamente como punto de encontro para charlar, xogar as cartas, ao dominó ao xadrez, ou a calquera sogo de mesa. Interésanos que os rapaces vexan a Casa da Xuventude como un lugar propio.