Investigación sobre o impacto do abandono das terras de cultivo


En vista da resistencia dos soutos ante os cambios ambientais, Javier Guitián ten previsto seguir estudando a estabilidade dos ecosistemas do Courel ao longo das últimas décadas. O director da estación científica proxecta retomar as investigacións sobre a vexetación da serra realizadas por el mesmo en 1984 -xunto co biólogo Javier Amigo- e comparalas coa situación actual. «Nesa época fixemos uns oitocentos censos de especies vexetais en diversos ecosistemas e agora queremos facer o mesmo traballo exactamente nos mesmos lugares, para rexistrar os cambios que puideran terse producido desde entón», explica.

Guitián espera determinar o impacto ambiental do abandono das terras de cultivo. «Nestes anos o bosque gañou moito terreo no Courel, pero que medre o bosque non significa necesariamente que mellore a biodiversidade», precisa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Investigación sobre o impacto do abandono das terras de cultivo