«Había unha confusión moi xeralizada entre as fontes da Pinguela e da Porta Miñá»

E.G.S.

LEMOS

19 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O historiador Adolfo de Abel Vilela, un dos candidatos a cronista oficial de Lugo con máis respaldo social, aclara, no estudo que publicou recentemente a Xunta, un erro amplamente estendido, polo que se denominaba á fonte da Porta Miñá como de A Pinguela, cando esta (antes houbo un pozo) se atopaba na confluencia das rúas Catedral e Miñá. «Había unha confusión moi xeralizada entre as fontes da Pinguela e da Porta Miñá», sinala.

-Tamén deixa claras algunhas cuestións con respecto á construción do pazo de Orbán»...

-Dicíase que fora feito en dúas fases e que a primeira era obra de Lucas Ferro Caaveiro, e non é así. O pazo foi feito dunha soa vez, na data que figura no dintel da porta, por José González Sierra, do taller de Casas y Novoa e de Lucas Ferro, que traballaron na capela dos Ollos Grandes.

-Tamén acaba de publicar unha guía de Lugo e dúas da catedral lucense. ¿Que teñen de novedoso?

-Son modernas. Antes a ilustración gráfica era moi cara e agora non é un problema. Polo tanto, son guías moi visuais, de xeito que non é necesario explicar literariamente o que se ve nas imaxes. Iso permite centrar o texto nos datos esenciais.