-¿Os canteiros e escultores que fixeron estas obras eran conscientes de todo ese simbolismo ou limítabanse a seguir instrucións?
-Quen deseñaban as igrexas románicas eran sobre o todo os clérigos cultivados, que posuían grandes coñecementos sobre a Biblia e a literatura patrística e dominaban a linguaxe simbólica cristiá, pero moitas veces os mestres de obras e os canteiros tamén sabían bastante de simboloxía. Por outro lado, os artistas desa época imitaban modelos establecidos, pero tamén sabían darlles un toque propio e inspirarse nas cousas reais que os rodeaban, como os animais e as plantas.