-¿Que técnicas emprega para captar a atención do seu público?
-Eu non me caracterizo para as miñas actuacións. O único que emprego é a palabra. O meu corpo e os seus movementos son o seu único apoio. O que pretendo é que a imaxinación de cada espectador cree a súa propia personaxe.
-¿Pódese vivir disto?
-Hai quen vive do conto, iso é certo. Pero, nesta profesión ás veces hai traballo e outras non. Cando se recortan os orzamentos a cultura sempre é a máis prexudicada.