A vea literaria que vén de Gonzalo López Abente

La Voz

LEMOS

09 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

-Vostede non só pinta, senón que tamén escribe. Sigamos esta vea que ademais xa lle vén de familia, ¿non si?

-Gonzalo López Abente, que foi homenaxeado en 1971 co Día das Letras Galegas, era meu tío avó. Para renderlle homenaxe, escribín o poemario Cavilacións ecolóxicas, que contén ilustracións de Siro López. Presentouno en abril o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, en compaña do editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre.

-Pero vostede tamén admira ao noso Álvaro Cunqueiro.

-En 1997, quedei finalista no premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña con La Crónica de un viajante.

-¿Que novidades literarias súas nos agardan?

-Está a piques de saír do prelo De las tinieblas a la luz; só falta a confirmación de Seix Barral.

-E despois, ¿un descanso?

-En absoluto. Amais de seguir pintando, xa estou escribindo outra novela, esta en galego; cun título que di abondo: Retorno ao paraíso.

-Pérdense moitos artistas no camiño, ¿non é? ¿Que lles recomendaría aos creadores que están empezando?

-Que non perdan o ánimo e que perseveren ata conseguir o que se propoñen.