O xornalista e escritor Afonso Eiré recibirá en Chantada o premio Moncho do Pío

La Voz

LEMOS

11 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O xornalista e escritor chantadino Afonso Eiré foi galardoado co quinto premio Moncho do Pío, concedido polas adegas Terras de Bendaña a traballos periodísticos sobre a Ribeira Sacra. O premio foille outorgado por un traballo publicado no semanario A Nosa Terra o pasado outubro, baixo o título O viño rápido do San Froilán .

O acto de entrega do premio celebrarase o próximo día venres nun restaurante de Chantada. O xurado do certame valorou no traballo de Eiré «a calidade literaria do artigo e a potenciación do viño da Ribeira Sacra». O premio consiste nun lote de viño da adega que organiza o certame, ademais dun cadro do pintor Randolfe Vilariño e un diploma acreditativo.

Ademais do seu labor xornalístico, Afonso Eiré conta cunha obra literaria que comprende ensaios como O fútbol, espello da sociedade e pezas narrativas como a novela O coxo de Vilarelle , ambientada en Chantada.